Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece o home de 82 anos que resultara ferido no accidente da N-555 no que morrera a súa muller

n-555

O sinistro, no que un turismo se saía da vía e colidía contra un muro, cobrouse a vida dos dous ocupantes do vehículo. A condutora faleceu pouco despois do accidente que se producía na estrada N-555 entre Redondela a Peinador á altura do barrio de Eira Pedriña ás 11:00 horas da mañá do pasado martes día 21. O home faleceu este domingo no hospital Álvaro Cunqueiro.

O vehículo implicado, unha Citroen Berlingo, saíse da vía e colidía contra un muro deixando feridos graves aos dous ocupantes. A muller de 76 anos de idade falecía pouco despois. O home, de 82 anos e veciño de Vilar de Infesta, faleceu este domingo no hospital Álvaro Cunqueiro onde permanecía ingresado desde o sinistro. Coñecido como José o do Pan de Millo o funerla celebrarase na tarde de hoxe na Igrexa de San Martiño de Vilar.

O tráxico accidente produciuse nunha estrada cunha alta sinisestralidade cun trazado marcado polas curvas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará