Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conmoción polo falecemento de Oti Cabadas, a camioneira de Fornelos que se fixo popular nas redes

oti

Foto: cocotruckergirl

Oti Cabadas González, coñecida na redes sociais como CocoTruckerGirl, faleceu aos 41 anos de idade a consecuencia dun derrame cerebral. A influencer e camioneira era todo un referente nun sector masculinizado ao que chegou con tan só 22 anos.

A moza, nacida hai 41 anos no municipio de Fornelos de Montes, traballou dende moi nova conducindo un camión, pero foron as súas publicacións en Tik TOk e Instagram onde contaba con máis de 300.000 seguidores o que a fixo popular baixo o alcume de CocoTruckerGirl.  Unha redes que se encheron de mensaxes de pesar nada máis coñecerse o tráxico suceso.

A moza falecía de xeito repentino o domingo, Oti sufriu fortes dores de cabeza e desmaiouse. Foi trasladada ao Hospital de Zaragoza onde se lle diagnosticou un derrame cerebral que non puido superar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará