Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela crea a concellería de Memoria Democrática

concellería memoria histórica

O novo departamento estará en mans da aldaldesa, Digna Rivas, e terá como obxectivo “difundir e dar a coñecer os valores democráticos, así como dignificar ás vítimas da represión”. A nova área tamén porá en valor a historia da illa de San Simón, símbolo da represión franquista e declarada Lugar de Memoria Democrática. O Concello decide así asumir esta responsabilidade “ante o desinterese da Xunta de Galicia neste asunto e a negativa a que Redondela participe no órgano de xestión da illa”.

A estrea cinematográfica da película “San Simón” que este domingo era proxectada no Multiúsos da Xunqueira serviu de marco para anunciar a creación dunha nova área no goberno de Rivas: a concellería de Memoria Democrática. A alcaldesa, Digna Rivas, será a responsable desta área “xa que desde o Concello levamos anos facendo actividades relacionados con memoria democrática, pero non estaban unificados nunha única área específica”. O obxectivo principal é “o coñecemento e a aprendizaxe en valores democráticos, sobre todo para as novas xeracións”, explica a alcaldesa quen insiste en que ante o auxe dos discursos da extrema dereita e o crecemento da ideoloxía neo fascista “coñecer a historia é agora máis importante ca nunha”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Unha das liñas de traballo da concellería será crear unha base de datos sobre a represión en Redondela, con información que se incluirá na web do Concello. “Pretendemos recoller o acontecido durante a Guerra Civil e o franquismo e incluír tamén a historia das madriñas de San Simón e de tantas mulleres solidarias coas vítimas da represión” avanza Rivas. A pasada semana a alcaldesa mantivo unha reunión informal co ministro Ángel Víctor Torres, quen lle trasladou o apoio do Goberno ás iniciativas do Concello en canto á memoria democrática. Torres anunciou tamén que avanzarán nos trámites para que San Simón sexa lugar de memoria “antes dun ano”.

Illa de San Simón

A alcaldesa lembra que a Xunta de Galicia negou reiteradamente a participación do Concello no órgano de xestión da illa, “polo que teremos que encargarnos desde a administración local de divulgar o que aconteceu alí”, sinala Rivas. A rexedora redondelá en abril deste ano mantivo unha xuntanza co conselleiro de Cultura, José López, que se comprometeu a realizar actividades de memoria democrática na illa “pero seis meses despois non tivemos ningunha noticia”. A ocultación do que supuxo a represión en Redondela levou a que no Parlamento Galego se negase os mortos en San Simón, onde ademais dos fusilados faleceron máis de 500 presos por desnutrición ou enfermidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará