O filme, que se estrea hoxe nas salas comerciais, poderá verse o domingo 26 no auditorio da Xunqueira. As entradas pode recollerse no Multiúsos o propio día da proxección a partir das 16:00 horas. A película “San Simón”, na que colabora o Concello de Redondela, conta a historia da illa durante os sete anos en que foi campo de concentración fascista, desde 1936 ata 1943.
Rodada o ano pasado na illa conta entre o seu elenco con actores e figurantes redondeláns. De feito, a súa estrea en Redondela este domingo no auditorio da Xunqueira ás 18.00 horas contará coa participación do director, Miguel Ángel Delgado, e os actores Tatán, Ana Fontenla, Andrés Giráldez, Miguel Borines e Roberto Casal así como representantes de asociacións como o Colectivo Republicano e o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy que protagonizarán un coloquio ao remate da proxección.
A longametraxe conta o que aconteceu en San Simón durante os sete anos en que foi campo de concentración fascista, desde 1936 ata 1943. A película celebrou a súa estrea mundial no Festival de San Sebastián o pasado mes de setembro e chega hoxe ás salas comerciais e o domingo a Redondela. O público que desexe asistir a este pase pode retirar de balde as entradas no Multiúsos da Xunqueira o propio domingo, día 26, a partir das 16.00 horas.
A alcaldesa, Digna Rivas, pon de relevo a importancia de que a historia das vítimas, que durante décadas foi silenciada, sexa coñecida polo público. “A arte, neste caso o cine, é tamén un xeito de render homenaxe ás vítimas e dar a coñecer o que aconteceu na illa de San Simón: o sufrimento, a opresión, e tamén a dignidade dos homes e mulleres que loitaron pola xustiza e a igualdade”.
A película “San Simón”, na que colabora o Concello de Redondela, celebrou a súa estrea mundial no Festival de San Sebastián o pasado mes de setembro, logo foi premiada no Ourense Film Festival, e recentemente participou na Mostra de Cine Internacional de Sao Paulo.









