Hoxe é Venres 12 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos emprenderá accións legais contra a aseguradora por negarse a cubrir os danos no tellado do Concello

pazos tellado

Foto: A borrasca arrancara o tellado do edificio

Pazos de Borbén destinará 165.000 euros de fondos propios para poder rematar a reparación do tellado do edifico municipal afectado pola borrasca  Martinho do pasado mes de marzo que arrincara por completo o tellado da Casa Consistorial. A medida foi aprobada polo pleno tras negarse o seguro a sufragar a totalidade da reparación. O goberno local anuncia que emprenderá acción legais contra a aseguradora.

O arranxo do tellado, que os fortes refachos de vento levantaran por completo o pasado mes de marzo, supera os 300.000 euros. Con todo, a aseguradora tan só recoñeceu 147.462 euros polo que máis da metade do orzamento quedaría sen cubrir. Ante esta situación o goberno local levou a un pleno extraordinario celebrado onte unha proposta para destinar 165.000 € do remanente para poder rematar a reparación do tellado do edificio municipal.

A proposta foi aprobada cos votos a favor dos concelleiros de Alternativa Veciñal, PSOE e BNG, o que permitirá avanzar nunha actuación imprescindible para garantir a seguridade e o bo estado das instalacións municipais.

Dende o goberno, tras agradecer “o sentido común e a responsabilidade mostrada por quen entendeu que o importante é o ben da veciñanza por riba de calquera interese político” anuncian que emprenderán acción legais contra a aseguradora que se nega a pagar a totalidade da reparación alegando un suposto infraseguro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará