Fotos: Protección Civil Redondela
O primeiro dos sinistros producíase ás 11:00 horas cando un vehículo que circulaba pola N-555 saíase da vía e colidía contra un muro, resultando feridos os dous ocupantes do turismo, un matrimonio de Cabeiro. Contra as seis da tarde tiña lugar o segundo dos accidentes. Neste caso na N-550 á altura de Soutoxuste cunha colisión frontolateral e posterior envorco dun dos vehículos implicados. Os condutores de ambos turismos foron evacuados en ambulancia.
Xornada complicada para os servizos de emerxencia que na xornada de onte tiveron que actuar en dous sinistros en Redondela. As once da mañá producíase o primeiro dos accidentes cun único vehiculo implicado, unha Citroën Berlingo que se saía da vía na estrada N-555 á altura de Eira Pedriña en Cedeira e que colidía contra un muro, segundo informan dende a Policía Local. A consecuencia do impacto o vehículo sufriu importantes danos materiais e os dous ocupantes, un matrimonio de Cabeiro, foron trasladados en ambulancia para seren atendidos das feridas.
O segundo do sinistros producíase contra as 18.00 horas da tarde de onte. Unha chamada do 112 Galicia alertaba dunha colisión frontolateral con posterior envorco na N-550 en Soutoxuste. Segundo informan dende Protección Civil un dos vehículos tería invadido o carril contrario colidindo contra o outro turismo implicado.
Foi preciso liberar aos condutores que foron atendidos por unha das ambulancias desprazadas ao lugar e ponsteriormente evacuados a un centro hospitalario.
Ademais do persoal de protección civil que colaboro una regulación do tráfico e posterior limpeza da calzadas, trasladáronse ao lugar dúas ambulancias, persoal do PAC de Redondela, axentes da Policía Local, GES de Mos, Garda Civil de tráfico e Conservación de Estradas.











