Hoxe é Venres 12 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitorias da SAR e o Chapela

INSTA GRANDE (1)

Foto esquerda: Patry Rivas

A Primera Autonómica masculina de balonmán rexistrou dúas vitorias importantes para os conxuntos locais na última xornada, con SAR Opmobility e Balonmán Chapela como protagonistas. Estas vitorias permiten aos dous equipos consolidaren as súas posicións na táboa clasificatoria nunha competición cada vez máis disputada.

O SAR Opmobility logrou unha vitoria contundente fronte ao Balonmán Rasoeiro, ao que visitou no pavillón Monte da Vila cun resultado final de 20-32. O equipo redondelán chegou ao encontro motivado para recuperar o camiño das vitorias tras unha derrota e un empate nas dúas xornadas anteriores. O partido iniciou cun empate equilibrado (6-6 ao minuto 10), marcado por algúns erros á portería e unha gran actuación do gardameta local.

A SAR impuxo gradualmente o seu xogo, grazas a unha maior precisión no ataque, rápidas transicións e un bo axuste ofensivo. Ao descanso, a vantaxe xa era clara: 11-17.Na segunda parte, a dinámica non variou: os xogadores da SAR mantiveron un xogo sólido e ordenado, ampliando a diferenza no marcador, mentres que o Rasoeiro, aínda combativo, non puido ameazar os dous puntos en xogo. Con este triunfo, a SAR Opmobility ascende ao quinto posto da clasificación xeral. A próxima semana, os redondeláns recibirán na Bomboneira un rival esixente: o Balonmán Liña21.

Pola súa banda, o Balonmán Chapela tamén celebrou unha vitoria clara ante o Valinox Novás B, con un marcador de 37-24. Este resultado permite ao equipo  berete recuperar o pulso na competición e situarse na metade da táboa, no sétimo posto, con dúas derrotas e dúas vitorias ata o momento. A próxima xornada, o Chapela desprazarase ata Bueu para enfrontarse ao Bueu Atl Balonmán un encontro que promete intensidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará