A Xunta de Goberno Local aprobou estas axudas aos deportistas individuais do concello por un importe que ascende aos 8504,07 euros. Foron un total de 35 as axudas que se concederon a deportistas na modalidade de adultos e nenas e nenos co obxecto de fomentar a actividade física e o desenvolvemento do talento deportivo no concello.
A concesión das axudas favorecerá que estes deportistas poidan seguir realizando deportes tan variados como o kickboxing, o piragüísmo, a natación, motocross, ciclismo, atletismo, kárate ou ximnasia acrobática.
Estas axudas están destinadas a cubrir gastos derivados da participación en competicións deportivas, tanto federadas oficiais como non oficiais de relevancia autonómica ou estatal. Entre os gastos subvencionables inclúense material deportivo, licencias, cotas do club, viaxes (a máis de 30 km), aloxamento e outros custos directamente relacionados coa actividade.









