As persoas interesadas en facerse cunha das prazas ofertadas polo Concello de Redondela teñen de prazo ata o 10 de novembro para presentar as súas solicitudes. As bases están publicadas na páxina web do concello.
Os procesos selectivos buscan a contratación de tres persoas para realizar labores de limpeza viaria, hai tamén unha praza de operario de servizos varios así como unha praza de oficial de Medio Ambiente que se encargaría de realizar traballos de fontanaría e de mantemento e reparación das avarías na rede de auga e saneamento.
Tamén se oferta unha praza de auxiliar de administración xeral reservada para persoas con diversidade funcional e convócanse dúas prazas de administración de promoción interna. O prazo de presentación de instancias está aberto ata o 10 de novembro.
As bases e as instancias están publicadas na sede electrónica e na páxina web do concello (www.redondela.gal, no apartado de Emprego público, persoal funcionario e laboral fixo).









