Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lendas e castañas nun Samain adiantado en Chapela

lenda

A Asociación de veciños de Chapela organiza esta fin de semana o seu tradicional magosto no que non faltará a música e un túnel do terror para animar a xornada do sábado 25. As actividades desenvolveranse no Multiúsos do Piñeiral e complétanse con outra divertida proposta “A lenda da viúva do Berete”, unha historia que convida á veciñanza a atopar as seis moedas de ouro agochadas pola parroquia que poderán ser intercambiadas por diferentes agasallos.

A lenda da viúva do berete conta que, no ano 1950, cando o mar levou para sempre ao mariñeiro Bieito, a súa muller Maruxa comezou a baixar cada noite á praia de Arealonga cun farol. Todos pensaban que buscaba ao seu home… pero en realidade escondía 6 moedas de ouro por Chapela, unha por cada badalada que non soou no regreso.  As moedas quedaron agochadas por zonas que frecuentaba Maruxa.

Con esa historia de fondo, a Asociación convida a veciñanza a procurar esas moedas que poderán trocar no magosto do vindeiro sábado.

Victoria Pichel, presidenta AVV Chapela

Unha cita festiva “ideal para toda a familia” explica a presidenta da asociación Victoria Pichel xa que haberá gastronomía, música e actividades divertidas. Entre elas, salienta o túnel do terror que estará aberto a partir das 17:00 horas no Multiúsos do Piñeiral.

Os asistentes poderán degustar castañas e choripáns e haberá actividades infantís co grupo TEG Animación. A música correrá a cargo do grupo folclórico Froles Mareliñas e o grupo de gaitas e bail de Anaquiños. Haberá tamén sesión Dj.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará