Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rande volveu levantarse en armas

rande representanción

Fotos: ADC Rande

Representacións teatrais, obradoiros, embarcacións tradicionais e visitas ao Meirande volveron ser as protagonistas dunha fin de semana na que se celebraba unha nova edición da batalla de Rande. As actividades organizadas pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande gozaron de bo tempo durante a xornada do sábado, día grande das celebracións que se pecharon cunha gran tirada de fogos de lucería sobre o mar que lembraban o enxordecedor ruído dos canóns que enfrontaron no ano 1702 as tropas angloholandesas e hispanofrancesas. Un tempo que non acompañou no día de onte e que obrigou a trasladar todas as actividades baixo a carpa.

Logo de varias edicións de mal tempo, nesta XII edición o tempo deu un respiro durante a xornada do sábado permitindo que todas as actividades previstas se desenvolveran sen incidencias, dende a concentración de embarcacións tradicionais, o desfile inaugural ata o recinto da festas e a tirada de fogos nocturna que pechaba o día grande da celebración co espectáculo “Arde o mar”.

Unha actividades que servían para poñer o colofón a catro meses de traballo nos que máis de 40 persoas participan, moitos e moitas como actores nas diferentes representacións que se viviron tanto no exterior como no interior do museo Meirande, aproveitando a escenografía que representa un camarote dun galeón.

Nesta ocasión e como novidade houbo tamén unha charla a cargo dun experto na Batalla, o redondelán José Martínez Crespo autor da obra “La flota de Indias y el combate de Rande en Galicia: estudio histórico y colección documental (1699-1704).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará