O Concello prepara un ciclo de actividades que se desenvolverán dende o 26 de outubro ata o 2 de novembro e que inclúen o espectáculo “Subumdra” de Troula animación, obradoiros variados, escapes rooms para público infantil e adulto e unha Maratón de cine de terror coa proxección do clásico El Resplandor.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña, presentaron o Samaín de Soutomaior, unha celebración que comezará o 26 de outubro cun obradoiro de cabazas na Finca Cafexo-Massó, unha cita para a cal se precisa inscrición previa e que está destinada para toda a familia.
O xoves 30 de outubro chegará unha nova edición de Noctámbulas, unha edición de especial de Samaín con acampada destinada á mocidade a partir do 12 anos e que terá lugar na Casa da Cultura Rexina MíguezNoval ( Soutomaior). Unha actividade de balde para a que se precisa inscrición previa en liña.
O día grande da celebración será o venres, 31 de outubro, cunha festa que comezará ás 17:45 na Praza de Cima de Vila onde haberá un obradoiro de lanternas araña e maquillaxe. Xa ás 19:00h. dará comezo nesa mesma praza a Noite de Ánimas, coa animación a cargo Troula Animación e o seu espectáculo “Subumdra” que consistirá nun pasarrúas que se iniciará no cruce de Praza de Cima de Vila percorrerá a avenida Xosé Solla para rematar en Talo Río. A escuridade e os seres descoñecidos guiarán neste percorrido que será moi participativo, dende o concello convidan aos asistentes á que porten cirios, velas, cabazas talladas e alumeadas e que todas e todos vaian coa vestimenta propia para a ocasión. Coa chegada deste pasarrúas a Talo Río continuará a festa neste punto a partir das 20:30 co tren asador de castañas con degustación de balde.
En Talo Río tamén haberá sitio para ambientación interactiva con A Casa da Escuridade, un espazo no que non faltarán os conxuros, meigallos e música co espectáculo “Esqueletes bailade”.
Xa na xornada do sábado 1 de novembro aterrará no Multiúsos de Arcade o Escape Room Especial Samaín. Aldea Labrega.Haberá 2 salas para este escaperoom unha para nenas e nenos de 3 a 7 anos e outra para nenas e nenos a partir de 8 anos. Para este escape room precísase inscrición previa.
Nesa xornada tamén aterrará no Multiúsos, a partir das 20:00 horas o Maratón de Cinema de Terror, coa proxección de “Cazafantasmas:imperio helado” e “El Resplandor”, con flocos de millo de balde nos descansos de cada película.
Xa na xornada do domingo 2 de novembro chegarán a Finca Cafexo – Massóacollerá o espace room “Quen te cu ten medo”. Unha cita destinada a público adulto, para maiores de 14 anos, que será de balde e que contará cun único pase ás 18:30h.
Todas as actividades que, como este scape room precisen de inscrición previa debe facerse en liña no enderezo https://soutomaior.gal/actividades/











