A Fiscalía solicitaba inicialmente 8 anos de cárcere pero rebaixou a petición de pena logo de que o acusado confesara os feitos e entregara a arma. O mozo, actualmente en prisión provisional, aceptou 3 anos e 9 meses de prisión. Non poderá achegarse a menos de 300 metros da vítima durante 5 anos e terá que indemnizala con 10.480 euros.
Os feitos que se xulgaban remóntanse ao 25 de agosto de 2024 en plena celebración do Entroido de verán en Redondela e a vista de conformidade celebrouse este martes na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. O acusado foi condenado por un delito de tentativa de homicidio.
A Fiscalía pedía para el oito anos de prisión, pero rebaixou a petición ata os 3 anos e 9 meses tras ter en conta as atenuantes de confesión do feito e a entrega da arma co que apuñalou á vítima. Tamén valorou que o agresor consignara a súa vítima 2.500 euros antes do xuízo.
O condenado, que está en prisión provisional, non poderá estar a menos de 300 metros da vítima nin comunicarse con ela por un período de 5 anos. Ademais, terá que indemnizala con 10.480,54 euros.
Segundo o escrito da acusación os feitos producíronse ás 00.30 horas do 25de agosto do ano pasado cando o procesado atopábase nas festas do Entroido e abalanzouse sobre a vítima co ánimo de “acabar coa súa vida” propinándolle golpees no rostro e en distintas parte do corpo e asestándolle varias puñaladas cun coitelo de 11 centímetros de folla.
A vítima precisou atención médica urxente apra salvar a vida, sufrindo feridas na parede torácica e laceración pulmonares que precisaron de tratamento médico e cirúrxico. Pprecisou de 43 dáis apra a súa curación.









