O responsable do establecemento confirmou aos axentes da Policía Local que lle terían roubado máis de mil euros. Os axentes recibiron a chamada ás 3:38 horas da madrugada do sábado para o domingo e unha vez no lugar comprobaron que a porta do chiringuito presentaba danos compatibles cunha entrada pola forza no establecemento.
A policía local de Redondela informa do roubo que tivo lugar na madrugada do domingo no chiringuito que se atopa na praia da punta en Cesantes e que, debido ao bo tempo dos últimos días, continúa aberto e ofrecendo o seu servizo aos usuarios do areal.
O propietario do quiosco en declaración aos axentes estima que lle foron roubados máis de mil euros.
Están en marcha as investigación de cara a localizar ao individuo ou individuos autor do roubo e pídese a calquera que poida facilitar información que se poña en contacto coa Policía Local.









