Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

«Tropa creativa» club de arte para a rapazada na Biblioteca Xela Arias

nusy lo

A iniciativa está pensada para rapaces e rapazas que teñan entre 8 e 12 anos de idade e está previsto que arranque o martes 14 de outubro. A actividade, organizada dende as Bibliotecas municipais estará impartida pola ilustradora Nusy Lo e desenvolverase unha vez ao mes en horario de 18:00 a 19:30 horas nas instalacións da biblioteca de Chapela no Multiúsos do Piñeiral.

A actividade bautizada como “tropa creativa” permitirá aos asistentes coñecer movementos artísticos, curiosidades da historia da arte, artistas… e facer as súas propias propostas artísticas.

Un club no que rapaces e rapazas atoparanse para xogar e divertirse a través da lectura, da arte e da creación artística.

A ilustradora Nusy Lo será a encargada de dirixir a actividade. Explica que “a idea é socializar e divertirse aprendendo” polo que malia ter contidos teóricos, daráselle tamén relevancia a parte práctica na que os participantes terán oco para crear e experimentar.  Como exemplo xa nos adianta que proporá aos nenos e nenas que recreen as covas de Altamira ou os xeróglifos exipcios.

Para participar compre inscrición previa no teléfono 986-454-226, en horario de luns a venres, de 16:00 a 21:00 h.ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal

O club de arte celebrará a súa primeira sesión o 14 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará