Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Rodavigo mostra competitividade na Bomboneira, pero cae ante as de Valladolid

560439018_1362783292523261_1192724498824973694_n

Foto de Patry Rivas

A Bomboneira foi testemuña dun emocionante duelo na División de Honra Prata Feminina, onde a SAR Rodavigo viviu á sua segunda xornada da tempada e caeu por un axustado 29-30 ante as valisoletanas do Club Deportivo BM Aula.

 Como destaca o club nas redes sociais, “a primeira parte foi moi parella, cun constante intercambio de goles”. Ao descanso, as locais mandaban por 14-13, nunha contorna de máxima igualdade. Na segunda metade, algúns desaxustes permitiron ás visitantes abrir unha renda de catro tantos (20-24 ao minuto 45), pero as mozas da SAR non se renderon e lograron empatar a 28-28 nunha reacción chea de garra. O final intenso decantouse polo lado rival, cun gol que fixo a diferenza por un só tanto. Esta derrota pola mínima deixa un bo sabor de boca pola competitividade mostrada, e agora o equipo prepara o desprazamento a Madrid para medirse ao BM Leganés na próxima xornada, co obxectivo de sumar os primeiros puntos fora de casa.

As ligas de Primeira Autonómica e Segunda Autonómica aínda non comezaron.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará