Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O activista Fayez Badawi achega a Redondela unha visión de primeira man da resistencia palestina

fadawi

Cando se cumpren dous anos dende o atentado de Hammas, que serviu de escusa a Israel para desatar os seus ataques máis devastadores contra os palestinos que se converteron nun xenocidio que continúa a día de hoxe, o colectivo Mar de Lumes organiza en Redondela unha charla co activista Fayez Badawi. “Fala a resistencia” servirá para dar a coñecer a historia de resistencia do pobo palestino o sábado 11 ás 12:00 horas no Multiúsos.

Unha actividade organizada pola asociación Mar de lumes da que forma parte o redondelán José Rodríguez e que xa no 2017 trouxera a Redondela a Badawi. Nesta ocasión visitará once localidades galegas con motivo do segundo aniversario do xenocidio que o Estado de Israel leva cometendo en Gaza desde o 7 de outubro de 2023.

Neste acto aproveitará para dar as chaves para entender o conflito no seu país e falará tamén do papel fundamental da resistencia palestina como un ente unido, formado polo conxunto do seu pobo, e sobre cales son os seus obxectivos; e proporcionaranos a postura da resistencia sobre os diferentes movementos da política internacional.

Nacido nun campo de refuxiados no Líbano, Badawi viuse involucrado na resistencia dende moi novo á que continúa vinculado como militante da Fronte Popular pola liberación de Palestina. A súa charla servirá para “humanizar os dramáticos datos que día a día nos  chegan dende Palestina” e para denunciar a opresión e violencia que sofre Palestina, destacando a complicidade das potencias occidentais na perpetuación do conflito.

O acto será un coloquio aberto no que o público poderá afondar na situación actual e reflexionar sobre o papel da sociedade na loita polos dereitos do pobo palestino.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará