Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Convocan unha concentración no Centro de saúde de Pazos en defensa da sanidade pública

centro saúde pazos

A Asemblea pola Sanidade Pública de Redondela convoca unha concentración este xoves 9 ás 11:00 horas fronte o Centro de Saúde de Pazos de Borbén, para continuar coa loita cidadá en defensa da sanidade e demandar un médico de familia mías e que se recupere o servizo de pediatría en Pazos.

A protesta reitera unha vez máis a necesidade de adoptar medidas urxentes que garantan unha atención sanitaria digna e completa nos catro centros de saúde adscritos a Redondela. Reclaman neste sentido a cobertura dos profesionais ao 100% durante todo o ano e un médico de familia máis para o Centro de Saúde de Pazos de Borbén, xa que ten 1700 usuarios, nunha poboación de 2998 habitantes.

Esixen ademais o retorno do Servizo de Pediatría aos Centros de Saúde de Fornelos e de Pazos de Borbén, a atención pediátrica no PAC, que evite a derivación ás Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro e unha maior axilidade nas citas de medicina familiar e pediátrica, que non deben exceder das 48 horas. A plataforma redondelá fai un chamamento tanto a profesionais como a usuarios e usuarias dos centros de saúde de Chapela, Pazos de Borbén, Fornelos e Redondela a apoiar esta loita social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará