Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación cultural e social de Chapela arranca o curso con máis de 600 alumnos

escola músucia

Actividades musicais e máis de 17 actividades variadas e pensadas para todos os públicos forman parte da oferta que este curso ten en marcha a Asociación Cultural de Chapela. Unha formación que se imparte tanto nas instalacións do Multiúsos do Piñeiral do Crego e na Escola de Música da parroquia. O colectivo lembra que a oferta podería ser moito maior de contar con espazos axeitados para acoller toda a demanda.

A falta de espazos para desenvolvemento de actividades culturais volve ser unha das demandas da Asociación Cultural de Chapela quen insiste que esta problemática impide a posta en marcha de diferentes iniciativas do colectivo. Unha situación que se agravou no 2021 “tras a decisión da alcaldesa de cambiar definitivamente unha das aulas de uso común no Multiúsos en oficinas individuais”. Lembran que existía o compromiso de volver usar este espazo como aula de uso común unha vez finalizadas as obras de reforma das oficinas de servizos sociais, sen que a día de hoxe dito compromiso se fixese efectivo.

Con todo, son numerosas as actividades que ofertan como cursos de inglés para nenos/as e adultos, manualidades, costura e pintura. Actividades saudables e de mantemento físico como Pilates, Ioga, Ximnasia, adestramento circuíto ou Zumba. Na súa Escola de Baile impártense clases de Baile en todas as modalidades tanto para nenos como adultos. A escola de teatro continúa con talleres para todas as idades e pensando para persoas con mobilidade reducida organizan clases de biodinámica e ximnasia pensada para este grupo de persoas.

A maiores este ano presentan un novo curso de lingua de signos, destinada a profesorado, familias e todas as persoas que por motivos profesionais ou interese propio queiran aprender a comunicarse con persoas Xordas ou perda auditiva.

Dende a Escola de Música de Chapela nos baixos do Pavillón da parroquia a oferta cubre un amplo espazo educativo das ensinanzas musicais a partir de 0 anos e sen límite de idade, impartidas por profesorado con titulación de grao profesional e superior.

As persoas interesadas poden ampliar a información no enderezo asociacion@culturaldechapela.org, no teléfono 986452244 ou nas oficinas da asociación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará