A feira urbana que organiza a Asociación de Empresarios suma este sábado a participación dun cento de comercios que ofrecerán produtos rebaixados e un adianto das novidade de tempada. Para animar a veciños e veciñas a achegarse a todos eses establecementos que sacan os seus produtos á rúa e as prazas da vila, cada comerciante sorteará diferentes premios. Como actividades complementarias haberá unha charla coloquio sobre a enfermidade celíaca ás 12:00 horas na panadaría Artesa así como un obradoiro infantil no que os nenos poderán preparar a súa masa de pizza.
Un novo modelo de feira urbana chega a Redondela en substitución a tradicional Feira de Oportunidades. Na xornada do sábado os comerciantes ofrecerán os seus produtos outlets e as novidades de tempada en emprazamentos diversos como poida ser as prazas e rúas da vila dinamizando o concepto de centro comercial aberto que favorece tamén que se incremente o número de participantes.
Moda, calzado e complementos volve ser os produtos máis presentes nesta iniciativa comercial, pero tamén haberá vehículos, xoguetes, tendas de alimentación, xoeirías, fogar, perruquerías…
O comercio ten preparados premios e sorteos en todas as tendas participantes, así, atoparemos preto dun centenar de establecementos abertos dos que 50 sacarán a rúa todo o stock. Haberá prazas e rúas nas que poderemos atopar novos comercios e unha oferta e surtido comercial excepcional preparada para esta ocasión especial.
Hai tamén actividades pensadas para toda a familia como unha charla coloquio sobre a enfermidade celíaca a cargo de Nuria Colmenero Lama, responsable de restauración e seguridade alimentaria de ACEGA. A charla será na panadería Artesa no paseo da Xunqueira o sábado as 12:00 do mediodía. No mesmo espazo terá lugar tamén un obradoiro infantil no que os participantes poderán prepara a súa masa de pizza sen gluten.
Unha xornada especial de ventas o sábado en horario de 10:00 da mañá ás 20:00 horas.









