Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de alimentación para un outono máis saudable

outubro saudable

A Fundación Formavigo adica o mes de outubro en Redondela á promoción de actividades vencelladas á alimentación saudable con actividades que se desenvolverán no Multiúsos da Xunqueira e na asociación A Miñoteira en Ventosela. A primeira das propostas será un curso de cociña interxeracional que se celebrará os xoves 2 e 9 de outubro. Inscricións no correo: formacion@fundacionformavigo.com  ou Tf: 600 06 01 46

Co inicio do outono o estado de ánimo, enerxía e sistema inmunolóxico pódense ver afectados, cambian os horarios, temos menos horas de luz. Ante unha situación que nos afectas a todos e tadas dende a Asociación Formavigo propoñen unha serie de actividades vencelladas a nosa saúde e nosa alimentación que contribúen a ter unha dieta máis variada e equilibrada, sobre todo en idades máis avanzadas.

A primeira das propostas será un curso de cociña interxeracional que se celebrará o día 2 de outubro. As persoas maiores que se inscriban aprenderán a cociñar pratos cotiás coas plantas da contorna. Coñecerán as propiedades culinarias e os beneficios para a saúde destas plantas moitas veces esquecidas. Nesta actividade, na que colabora Aldeas Infantiles, estarán acompañados de nenos e nenas que aprenderán a cociñar co seu apoio.

A programación continuará o martes 14 cunha charla formativa sobre como alimentarnos despois dos 60 anos. Unha actividade práctica, na que o nutricionista Jaime Juncal achegará aos asistentes información, consellos prácticos e resolverá dúbidas sobre as necesidades nutricionais adaptadas a esta etapa da vida.

A última das propostas é un programa xa máis extenso sobre horta ecolóxica para todas as persoas que queiran ter ou iniciar unha horta con criterios ecolóxicos. Unha formación práctica para elaborar preparados naturais, control de pragas, enfermidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará