Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outubro arranca con novos roteiros medioambientais

observación aves

A oficina de turismo abre o prazo de inscricións nas diferentes actividades organizadas polas concellerías de Turismo e Sostibilidade para este mes de outubro. Un programa que arrancará este sábado con dúas citas: unha actividade de observación de aves na zona da Portela en horario de tarde de 17:30 a 19:30 horas. As sete e media haberá un paseo nocturno que se prolongará ata as dez da noite no praia da Punta en Cesantes.

Unha fin de semana que nos deixa tamén un percorrido polo río Pexegueiro que permitirá coñecer o patrimonio e a riqueza medioambiental que existe nesta zona de ribeira. Unha proposta para os amantes do sendeirismo que arrancará ás 9:30 horas e cuxo remate está previsto para ás 13:00 horas.

O domingo 12 hai dous roteiros previstos: un percorrido pola vía verde de Chapela ás dez da maña e unha actividades de orientaventura en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas.

A mediados de mes organízase tamén unha saída en kayak pola zona da Portela. O programa pecharase o domingo 26 cunha actividades de iniciación á observación de aves tamén na zona da Portela en horario de mañá.

Todas as actividades, agás a saída en Kayak que ten un prezo de 20 euros pro persoa, son de balde. As inscricións deben realizarse na Oficina de Turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no correo turismo@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará