Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gran estrea de tempada para SAR Rodavigo

557407422_1355840509884206_5523227925286815766_n

O equipo feminino da SAR Rodavigo iniciou a tempada na División de Honor Plata Femenina (DHPF) cunha vitoria sufrida e intensa fronte ao Asmubal Meaño, mentres que a liga regular de Primeira e Segunda Autonómica Femininas aínda non deu comezo.

O primeiro partido da tempada disputouse como visitante e serviu de aperitivo perfecto para as xogadoras redondelás, que se impuxeron nun encontro de altísima intensidade por 30-33. Segundo explica o club en redes sociais, dende o pitido inicial  o xogo foi un pulso constante, cun intercambio continuo de goles e unha igualdade máxima que mantivo o marcador moi axustado, sen que as diferenzas superasen os dous tantos en ningún momento. Ao descanso, o SAR Rodavigo marchou cunha mínima vantaxe de 16-15, reflectindo o equilibrio perfecto na pista.

Na segunda parte, o guión non variou: empates, vantaxes curtas e unha dose de emoción que manteu aos afeccionados en vilo ata o final. Foron os últimos minutos os que decidiron o partido, cando o equipo  sacou o seu carácter e executou varias accións decisivas para romper o equilibrio e amarrar os dous primeiros puntos da tempada. “Gran comezo de liga, rapazas. Parabéns!”, destacou o club nunha nota oficial.

Esta vitoria marca un inicio prometedor para a SAR Rodavigo na DHPF, nunha competición que xera moita expectación entre os afeccionados ao balonmán galego. A próxima semana, o equipo recibirá na Bombonera ao Aula Valladolid, nuin encontro que se agarda con moita expectación e que podería consolidar esta boa racha inicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará