Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Palabras de recoñecemento a Iván Valles no pleno trala súa renuncia ao cargo de concelleiro

iván valles

Foto: Imaxe de arquivo de Iván Valles nunha sesión plenaria

A renuncia do que foi responsable de Deporte e ensino entre outras áreas nos últimos dous anos fíxose oficial no pleno de onte. Unha despedida que non contou coa presenza de Iván Valles cuxa labor neste mandato foi recoñecida por parte de todos os grupos da corporación que salientaron a súa valentía, compromiso e capacidade de negociación na súa labor como concelleiro.

A alcaldesa Digna Rivas agradeceu “o seu compromiso inquebrantable cos veciños e veciñas de Redondela” ao fronte das concellerías de Ensino e deportes “lamento a súa marcha pero respecto a súa decisión”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Palabras tamén de cariño do seu xa excompañeiro de goberno, o edil de AER Roberto Villar quen salientou a profesionalidade e a valentía de Iván Valles como concelleiro e aplaudiu a súa decisión de “escoller familia antes que a política”.

Roberto Villar, AER

Non faltaron tampouco palabras de apoio do BNG “desexámoslle todo o ben posible no profesional e no persoal”. Xoán Carlos González agradeceu tamén a súa capacidade para negociar e a súa disponibilidade para chegar a acordos.

Xoán Carlos González, BNG

De valentía falaba tamén o concelleiro popular Julio Mougán á hora de referirse ao que foi nos últimos dous anos edil de deportes. Con todo aproveitou tamén para mandar unha pulla ao goberno facendo referencia ás baixas que leva arrastrando neste mandato.

Julio Mougán, PP

Lembramos que o que fora concelleiro de deportes ademais de responsable do Conservatorio e das áreas de ensino e mocidade, renunciaba ao seu cargo hai un par de semanas por motivos de saúde logo de varios meses de baixa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará