Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado do Instituto Illa San Simón retira 400 kilos de lixo do Maceiras

Limpeza Proxecto Ríos

A rapazada de 4º de ESO do IES Illa San Simón participou na iniciativa “móllate polos ríos” que organiza a Asociación ecoloxista Adega e que consiste nunha xornada de limpeza simultánea en diferentes puntos de todo o país. Durante a mañá do pasado domingo retiraron do río Maceiras 400 kilos de lixo. Entre os elementos retirados atoparon cascallos de obra, plásticos, zapatos, roupa e incluso un colchón.

Esta limpeza, que celebraba a súa XVIII edición, mobiliza todos os anos a centos de persoas voluntarias que de xeito simultáneo desenvolven unha acción colectiva e de concienciación social ao pé dos ríos. Ademais de retirar refugallos dos cursos fluviais e colaborar co seu mantemento, busca fomentar a conciencia ambiental e a participación cidadá.

O alumnado do Illa de San Simón, que participa por segundo ano consecutivo no Proxecto Ríos implicouse plenamente na iniciativa retirando do Río Maceiras uns 400 Kg de lixo, que posteriormente foi recollido polo Concello de Redondela.

Entre o lixo retirado, o alumnado atopou pilas, botes de silicona, envases de pegamentos, plásticos variados, zapatos, roupa, un colchón e moito cascallo.

Ademais da limpeza, os estudantes fixeron unha mostraxe da flora e os macroinvertebrados do río Maceiras, mediron o pH, o osíxeno disolto, o contido en nitratos, a profundidade e o caudal, entre outros parámetros. Unha xornada completa de aprendizaxe e concienciación social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará