Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación destinará 150.000 euros ás obras do paso superior sobre a vía ferroviaria nos Valos

os valos

O deputado provincial Alejandro Lorenzo visitou Redondela, onde anunciou que a Deputación de Pontevedra se encargará de financiar integramente con preto de 150.000 euros as obras para o remate do paso superior e para a contención de terras no punto quilométrico 161+500 da liña 810 de ADIF nos Valos.

A actuación consistirá en construír un muro de contención en pedra neste tramo da vía conseguindo, así, un sostemento para a ladeira norte que evite futuros desprendementos. Ademais, tamén se vai instalar un taboleiro mediante un parapeto de formigón que protexa das caídas de vehículos e peóns sobre a vía e construirase unha beirarrúa na marxe dereita para aumentar a seguridade do tránsito peonil que cruza a ponte. A actuación completarase con varias capas de asfalto.

Alejandro Lorenzo puxo en valor que cos recursos provinciais “estamos dando resposta ás demandas dos concellos, que poden facer realidade proxectos que melloran a calidade de vida da súa veciñanza”. Neste sentido, o deputado sinalou que a Deputación“está a impulsar actuacións tan relevantes como a que hoxe anunciamos en Redondela, que non só melloran a seguridade viaria da vila, senón que a modernizan e impulsan o avance de toda a nosa provincia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará