Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aplicará bonificacións de ata o 90% a empresas que se asenten na localidade

ecoparque

Foto: Espazo no que se asentará o Ecoparque

A medida suporá rebaixas significativas no imposto sobre bens inmobles, no imposto sobre actividades económicas e, de ser o caso, no imposto sobre construcións, instalacións e obras. A porcentaxe a bonificar dependerá dos novos postos de traballo creados pola empresa. O goberno local busca así atraer un maior número de negocios a Soutomaior.

O pleno ordinario que Soutomaior celebrará este venres 26 de setembro leva na súa orde do día  a adhesión a Concello Emprendedor de Galicia o que implica unha modificación das ordenanzas fiscais reguladoras do imposto sobre bens inmobles (IBI), do imposto sobre actividades económicas (IAE) e, de ser o caso, do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO).

Estas bonificacións estableceranse en función da creación de novos postos de traballo. Así,  a porcentaxe da cota a bonificar determinarase en función dos postos de traballo creados con tres tramos diferenciados. As empresas con máis de 20 traballadores poderán beneficiarse dunha bonificación do 90 %, as que teñan entre 11 e 20 postos de traballo contarán cunha rebaixa do 75% e as que contemplen 10 postos de traballo terán un 50% de desconto.

As medidas referidas aos impostos de pago periódico deberán manterse, para os contribuíntes, polo menos para os tres exercicios orzamentarios completos seguintes a aquel no que teña lugar o feito impoñible.

Con esta adhesión á Concello Emprendedor o alcalde Manu Lourenzo destacou que “se está dando un paso imporante na creación de empresas e temos como horizonte a elaboración do ecoparque. O que queremos é que as empresas atopen en Soutomaior o lugar amigo para desenvolver a súa actividade económica e dinamizar o municipio” .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará