O Concello de Pazos de Borbén organiza un curso práctico para reducir residuos procedentes da moda que se vai desenvolver na Casa da Cultura de Nespereira os mércores 8, 15 e 22 de outubro. Na súa aposta polo medio ambiente organizan tamén un curso de reciclaxe de aceites que se impartirá na Casa da Cultura de Pazos os xoves 2, 9 e 16 de outubro. Inscrición aberta no rexistro do concello ou na sede electrónica ata o 1 de outubro.
O “fast fashion” ou moda rápida e a existencia de plataformas que vende cantidades inxentes de roupa a prezos baratos levou a un consumo desmesurado, con prendas cun ciclo de vida moi corto que acaban no lixo en cuestión de meses. Un modelo que xera importantes impactos medioambientais e que marcas como a viguesa La Canalla tentan contrarrestar. Pioneira na reulización de prendas dándolles unha nova vida reducindo residuos e creando novas oportunidades, serán os encargados de impartir un curso de reciclaxe téxtil que terá lugar os dáis 8, 15 e 22 de outubro en horario de 17:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura de Nespereira.
Tamén está aberto o prazo de inscrición para o Curso de Reciclaxe de Aceites que terá lugar na Casa da Cultura de Pazos os xoves 2, 9 e 16 de outubro, en horario de 16:30 a 19:30 h. Neste caos o curso estará impartido por Luz Gómez Señoráns e conta con 15 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.
En ambos os dous casos está aberto xa o prazo de inscricións no Rexistro do Concello (9:00 a 14:00h) ou a través da Sede electrónica,











