Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Miguel Ángel Vázquez, especialista en xeriatría: “Non se pode normalizar a perda de memoria nas persoas maiores”

mesa redonda

O doutor Miguel Ángel Vázquez, experto internacional en xerontoloxía social foi un dos poñentes na mesa redonda organizada polo Concello este luns en Chapela co gallo do Día internacional do Alzheimer. Estivo acompañado polo director de Servizo Xeriátricos Pedro López Cadilla, a traballadora dos Servizos Sociais Comunitarios, Carmen Fernández Dopazo, o presidente da Asociación AFAGA Alzhéimer, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez e María Delia Lina Dacosta, familiar dunha persoa diagnosticada de demencia.

O doutor Miguel Ángel Vázquez puxo en valor “a gran participación no acto” con estudantes, familiares e veciñanza en xeral que encheu o auditorio do Piñeiral do Crego e fixo fincapé en que “non se pode normalizar a perda de memoria nas persoas maiores”, polo que é necesario unha mellor atención sanitaria.

Familiares de enfermos compartiron tamén as súas experiencias e manifestaron a súa “frustración” ante o avance da enfermidade e a falta de apoio por parte da administración. Todos coincidiron en demandar á Xunta de Galicia “máis recursos para Dependencia e Sanidade, e máis investigación para un diagnóstico e un tratamento precoz”. Esixiron tamén unha atención de calidade “tanto nas cidades como nas zonas rurais” e advertiron que “os dereitos dos cidadáns non poden depender do código postal no que vivas”.

A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, presentaron esta xornada facendo referencia ao lema do Día Mundial do Alzhéimer: “Igualando dereitos”. Rivas esixiu o dereito dos enfermos e das súas familias “a ser escoitados, a tomar as súas propias decisións, a contar cunha atención sanitaria específica, dereito á protección social e á dignidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará