Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mesa de expertos para conmemorar o día Mundial do Alzheimer

Alzhéimer

O auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela acolle hoxe luns día 22 ás 10:30 horas unha mesa redonda na que participan expertos en xeriatría, Centros de Día, persoal de Servizos Sociais e familiares para falar do Alzheimer. A entrada é aberta a todo público interesado ata completar aforo.

Na mesa redondela danse cita diferentes especialistas que no seu día a día teñen contacto con persoas diagnosticadas desta enfermidade. Participará Miguel Ángel Vázquez Vázquez, médico especialista en xeriatría, experto en xerontoloxía social, profesor universitario e asesor científico de organismos nacionais e internacionais. Estarán tamén Pedro López Cadilla, director de Servizos Xeriátricos, Carmen Fernández Dopazo, traballadora dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Redondela, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente da Asociación AFAGA Alzhéimer, e María Delia Lina Dacosta, familiar dunha persoa diagnosticada de demencia.

A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, presentaron esta xornada “que pretende ser unha conmemoración especial para as persoas que sofren esta enfermidade, é dicir, a quen a padece, para as súas familias, e tamén para os profesionais que axudan a sobrelevala”.

A actividade está organizada polo Concello co gallo da conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, data que se celebra cada 21 de setembro e abordará cuestións vinculadas coa investigación en torno ao Altzeimer, como abordar o seu tratamento así como o diagnóstico precoz e falarase tamén do papel dos coidadores. Os expertos atenderán as dúbidas daquelas persoas que padecen a enfermidade e dos seus familiares.

A esta xornada asistirá alumnado de ciclos de atención á dependencia e familiares, e a asistencia está aberta a todo o público interesado ata completar o aforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará