Foto: Protección Civil Redondela
Un home de 68 anos de idade, veciño do barrio de Carballiño en Cesantes, falecía este domingo ao redor das catro da tarde na N-550, tras esboroarse na vía pública.
Un veciño do lugar alertou a policía local ás 16:15 horas da presenza dun home na cuneta da estrada entre Redondela e Pontevedra á altura de Cesantes. Ata o lugar desprazáronse os axentes da Policía Nacional, Local e Garda Civil pero nada se puido facer por reanimalo.
Rescate en Soutoxuste
Por outra banda, o pasado venres outro veciño de Cesantes era rescatado ao redor das 18.30 horas tras esvarar nunha rochas de difícil acceso en Soutoxuste. O home, de 89 anos de idade, estaba paseando pola zona cando esvarou e sufriu unha aparatosa caída que lle provocou lesións nunha perna que lle imposibilitaban a mobilidade. O home alertou a súa filla quen chamou aos servizos de emerxencias. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, axentes da Policía Local e protección civil de Redondela e o Ges de Mos. O home foi evacuado en padiola ata unha ambulancia que o trasladou ao Hospital Cunqueiro para ser atendido das lesións.









