Foto: Acto celebrado no Pazo de Petán
A formación nacionalista asegura que se ignorou a varios colectivos de alfombristas no faladoiro ‘Aquí faltan páxinas’ celebrado en Redondela e solicita ao goberno provincial explicacións sobre os criterios para tan so a determinados colectivos vinculados con este labor.
O faladoiro ‘As alfombreiras. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres’ foi organizado polo departamento de Igualdade da Deputación de Pontevedra dentro do programa ‘Aquí faltan páxinas’ e celebrouse o pasado 4 de setembro no Pazo de Petán en Redondela, coa participación como relatoras das alfombreiras Mayka Cabaleiro e Susana Ricón de Redondela; María Carrera Otero, de Ponteareas; Loli Docampo, de Bueu; e Tere Pereira, alfombreira de Gondomar.
O BNG apoia o recoñecemento provincial ao traballo e a implicación das alfombreiras como un exemplo dos labores colectivos interxeracionais en que as mulleres teñen un papel fundamental, mais insiste en que a organizacións destes actos debe ser plural e fuxir da exclusión xa que aseguran que houbo varias agrupacións da provincia –e en concreto de redondela- que foron ignoradas: non foron convidadas nin a participar nin tan sequera a asistir, o que provocou certo malestar no gremio.
Ante esta situación, a deputada provincial do BNG Manuela Rodríguez solicitou no Pleno da Corporación explicacións ao goberno provincial sobre os criterios para o convite ao acto. Subliñou que semellou que a deputada de Igualdade Sandra Bastos non fixo o convite extensivo á totalidade das agrupacións, limitándose a contactar con só unha parte, algo que considera “unha falta de pluralidade moi pouco elegante”.









