Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luciano Otero presenta unha cuestión de confianza vinculada aos orzamentos

pazos

Otero xustifica esta decisión no bloqueo sistemático de PP, PSOE e BNG, á quen acusa de “poñer paus nas rodas e impedir que Pazos de Borbén avance”. O pleno convocarase nos vindeiros días.

A complicada situación de minoría na que goberna o candidato de Alternativa Veciñal por Pazos, Luciano Otero, con tan só catro concelleiros fronte aos seis da oposición (PP:5, PSOE:1, BNG:1), levou ao alcalde a anunciar a presentación dunha cuestión de confianza vinculada aos orzamentos.

O alcalde de Pazos entende que a convocatoria da cuestión de confianza é a única saída para desbloquear as contas municipais ante a “actitude destrutiva” da oposición. O rexedor lembra que os últimos orzamentos aprobados no municipio datan de 2022 e que, desde entón, o Concello viuse obrigado a traballar con contas prorrogadas, algo “insostíbel no tempo para facer as actuacións necesarias para mellorar a vida das veciñas e veciños”.

O alcalde subliña que é imprescindible actualizar o orzamento para facer fronte ás subas en servizos básicos como a recollida do lixo, a enerxía eléctrica e outros subministros, ademais de atender ás multas e sancións herdadas di “da nefasta xestión do anterior goberno do Partido Popular, que aínda a día de hoxe se seguen pagando”.

Asegura que a súa formación política chegou a Pazos co obxecto de mellorar a calidade dos veciños e veciñas” pero que se están perdendo oportunidade por culpa da aposición “o PP conta coa complicidade necesaria de PSOE e BNG, que se agarran ao “non polo non” e antepoñen os intereses partidistas ao ben común de Pazos de Borbén”. Neste sentido por como exemplo que os grupos da oposición “chegaron incluso a votar en contra dos festivos locais, un exemplo máis da súa actitude de negarse a todo sen aportar alternativas”.

Con esta cuestión de confianza, o alcalde pretende dar un paso ao fronte e demostrar que o goberno local de AV está decidido “a gobernar con seriedade fronte á política do bloqueo”.

No caso de que Otero perda a moción de confianza, os grupos da oposición contará cun mes de prazo para presentar unha moción de censura e un candidato alternativo á alcaldía. Superado ese período e de non chegar a un acordo, o orzamento quedaría automaticamente aprobado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará