Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Bibliotecas énchense de contacontos para celebrar o outono

Biblioteca_Xela_Arias

Foto: A biblioteca de Chapela celebra en outubro o seu XX Aniversario

A programación de outono das bibliotecas arrancará o vinceiro xoves 25 cun contacontos para bebés a cargo de Raquel Queizás. Haberá tamen unha proposta específica para os maiores o martes día 30 de setembro con Lorena Piñeiro dentro dun programa que inclúe un concerto de Os Carunchos o 24 de outubro que servirá para celebrar o XX Aniversario da Biblioteca Xela Arias de Chapela.

A primeria das propostas será o xoves 25 ás 18:00 horas en Redondela pensada para cativos de 1 a 4 anos. “Cambio e conto” é o título deste espectáculo a cargo de Raquel Queizás que precisa de inscrición previa na Biblioteca. En Chapela a proposta infantil será o xoves 9 tamén as seis da tarde con Bea Campos e os seus “Contos pequeniños” orientada a bebés de 6 meses a 3 anos.

Mª José Villar, Biblioteca de Chapela

Nenos de maior idade, de 5 a 9 anos, é o público obxectivo do contacontos “A corpo cantado” con Charo Pita o xoves 16 de outubro ás 18:00 horas.

Como novidade, hai tamén un espectáculo orientado a persoas maiores que terá lugar o martes 30 de setembro ás 17:30 horas na biblioteca Xela Arias de Chapela. Lorena Piñeiro presentará o seu contacontos “Conta miña compañeira”.

A programación chegará ao seu remate o Día das Bibliotecas, venres 24 de outubro cun concerto a cargo de Os Carunchos quen presentará o seu libro disco “Unha gorxa chea de paxaros” cheo de poemas de Manuel María co gallo da conmemoración do XX aniversario da Biblioteca de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará