Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CEIP Plurilingüe Portocabeiro estrea patio de Infantil e pista polideportiva

zona xogo

O inicio do curso trae unha agardada novidade para o alumnado de Infantil do CEIP Plurilingüe Portocabeiro. A antiga zona de xogo, que durante anos estivo infrautilizada debido a numerosos problemas como as deficiencias de drenaxe que impedían o seu uso boa parte do ano, foi completamente renovada e convertida nun espazo verde, con relevo e diferentes áreas de xogo cun investimento de preto de 17.600 euros subvencionados polo Centro e a Anpa. Tamén estrean a renovada pista polideportiva, cuxa reforma supuxo un investimento de 47.866 euros con financiamento do Concello e da Deputación.

A actuación na antiga zona de xogo inclúe céspede, espazos de area, elementos naturais e a posta en valor da zona cuberta co areeiro, co obxectivo de crear un patio máis atractivo, seguro e estimulante para o xogo e a convivencia das nenas e nenos.

Este proxecto foi posible grazas ao traballo conxunto entre o centro escolar e a ANPA Portocabeiro, que uniron esforzos para afrontar esta inversión e dar unha nova vida a un espazo clave do colexio e facer realidade unha demanda compartida pola comunidade educativa.

Con esta mellora, a comunidade educativa de Portocabeiro da un paso máis na aposta por unha escola pública de calidade, onde a colaboración entre familias e profesorado fai realidade proxectos que benefician directamente ao alumnado.

Esta mellora súmase ás actuacións realizadas nos últimos anos arredor da arte, horta, e da posta en valor do patio de columnas, tamén froito dese traballo conxunto. Ademais, fíxose realidade a renovación da pista polideportiva, unha demanda histórica da comunidade educativa e da veciñanza, que nesta ocasión contou con financiamento do Concello e da Deputación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará