Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un centenar de persoas con diabetes pasan por Redondela cara un Camiño de concienciación

WhatsApp Image 2025-09-17 at 13.39.30

Inicio da etapa en Vigo

Máis de cen persoas con diabetes tipo 1 e tipo 2, acompañadas por un equipo de médicos, enfermeiras, monitores e persoal de apoio, fixeron noite en Redondela tras iniciar en Vigo o Camiño de Santiago pola ruta portuguesa da costa. Este grupo, encadrado no proxecto “Haciendo Camino” da Federación Española de Diabetes (FEDE) e a Fundación para la Salud Novo Nordisk España (FSNN), percorre 101,7 km en seis etapas, con destino final na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela o vindeiro 21 de setembro. A iniciativa combina actividade física, educación diabetolóxica e acompañamento profesional para visibilizar que a diabetes non é unha barreira para levar unha vida plena e saudable.

Os participantes, procedentes de distintas comunidades autónomas, superaron previamente unha fase de formación dixital e unha xornada educativa presencial en Santiago o pasado 15 de setembro, centrada no manexo integral da diabetes e a obesidade. En Redondela, primeira parada tras Vigo, o doutor Carlos Miranda, médico de familia en Toledo e coordinador do Grupo de Traballo de Diabetes Tipo 2 da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, falou sobre o impacto da iniciativa. “Queremos mellorar o control da diabetes, tanto tipo 1, onde o páncreas non produce insulina, como tipo 2, ligada a obesidade ou sedentarismo. Con educación terapéutica e fármacos eficaces, demostramos que non hai barreiras para unha vida plena”, explicou. Esta actividade busca que as persoas con diabetes comprendan que non hai barreiras para alcanzar calquera obxectivo se contan con confianza e coñecementos. Estes adquírense mediante educación terapéutica, o uso de fármacos eficaces con beneficios cardiovasculares e renais, e un control adecuado da enfermidade.

Miranda alertou sobre os riscos dun mal control da enfermidade. “A diabetes tipo 2, asociada a malos hábitos, pode causar complicacións graves como ictus, infartos, danos na retina ou insuficiencia renal, principal causa de diálisis en España. A educación e o autocuidado son clave para evitalas”, insistiu. Sobre fármacos como o Ozempic, destacou que “revolucionaron o tratamento da diabetes e a obesidade, con beneficios cardiovasculares e renais, pero deben usarse baixo supervisión médica para evitar problemas por un mal uso, como ocorre en mercados negros”.

O doutor tamén reflexionou sobre os retos da medicina de familia. “Necesitamos tempo e recursos para atender mellor aos pacientes, maior acceso a tratamentos innovadores e políticas que promovan hábitos saudables fronte ao aumento de alimentos procesados e sedentarismo”, sinalou.

A parada en Redondela non só serviu para descansar, senón tamén para fortalecer lazos. “Aquí créase unha comunidade solidaria, cun intercambio de vivencias que enriquece a todos. Chegar ao Obradoiro é un estalido de emoción, e moitos repiten pola forza desta experiencia”, compartiu Miranda. Mentres o grupo continúa cara a Pontevedra, a mensaxe desde Redondela é clara: co apoio axeitado, a diabetes non detén a ninguén.

O seu paso por Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará