Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior inicia a humanización do Val Sobral

Manu Lourenzo na compaña do enxeñeiro de InfoUrban e da empresa Construcciones Pérez nunha das zonas da humanización Val-Sobral

A actuación suporá un investimento de máis de 160.000 euros e permitirá o asfaltado de 800 metros de estrada así como o acondicionamento de tres núcleos no tramo da actuación que se converterán en pequenas prazas.

O proxecto, redactado por Infourban, contempla o asfaltado e adecuación dun tramo de estrada de case 800 metros, que van desde a zona da Chan, no Sobral, ata a Chan de Moreira, no acceso ao barrio de Lourido. Ademais deste arranxo e asfaltado, o proxecto tamén contempla o acondicionamento de tres núcleos ao longo do tramo da actuación.

Trátase de tres zonas que actualmente funcionan como punto de encontro para a veciñanza do barrio e nas que o Goberno de Soutomaior actuará para a súa conversión en pequenas prazas. Así, converteranse en espazos máis amables e humanizados para a veciñanza.

Uns traballos mediante os cales se compren dúas necesitades: por unha banda a mellora na mobilidade do barrio e por outra parte crear espazos públicos que poñan en valor tanto a zona arquitectónica como os elementos patrimoniais.

Para levar a cabo esta actuación, o Goberno de Soutomaior investirá preto de 160.000 euros, ao abeiro do Plan +Provincia da Deputación Provincial.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “estamos ante un proxecto moi importante para o Val-Sobral e para Soutomaior, un proxecto que vai a supoñer unha importante mellora para o barrio coa recuperación de espazos rurais, darémoslle ás prazas un tratamento acorde á arquitectura tradicional que os rodea”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará