Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova baixa no equipo de Digna Rivas: Iván Valles renuncia ao seu cargo de concelleiro

ivan

O que fora concelleiro de deportes ademais de responsable do Conservatorio e das áreas de ensino e mocidade, renuncia ao seu cargo logo de varios meses de baixa. Así o anunciou a través das súas redes sociais a propia alcaldesa, quen apunta que a decisión de Valles de abandonar o goberno responde a “motivos de saúde”. Esta é a terceira baixa no equipo de Digna Rivas no que vai de mandato, xa que previamente renunciou ao seu cargo a edil Pilar Martínez, tamén por motivos de saúde e a concelleira María Castro, naquela ocasión por “discrepancias irreconciliables coa alcaldesa”.

Malia que o cese no cargo non se fará oficial ata a súa aprobación polo pleno, previsiblemente o vindeiro 25 de setembro, a alcaldesa decidiu empregar as redes sociais para anunciar que “Iván Valles tomou a decisión de renunciar ao seu cargo por motivos de saúde. Para non prexudicar ao equipo e asegurar que o traballo siga adiante, deu un paso ao lado para permitir que outra compañeira/o o releve e continúe co traballo iniciado”. 

Rivas quixo agradecer tamén o “compromiso inquebrantable” de Iván Valles durante a súa etapa como concelleiro “mellorando as condicións do deporte no noso concello  e creando novas oportunidades para todos e todas” e remata o seu comunicado “desexándolle unha pronta recuperación”.

Un mandato que está a ser complicado para un goberno en minoría e que, en tan só dous anos, xa tivo que enfrontarse a tres crises de goberno polas renuncias de tres dos seus concelleiros. A isto súmase tamén a renuncia da persoa que exercía como secretaria- coordinadora xeral da área de goberno tan só dous meses despois de arrancar o mandato.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Mágoa! Traballou moi ben. Agora o problema estará para quen entre pois non vai cobrar e ter responsabilidade como lle pasa a Alberto Álvarez. Outra lea máis para Digna Rivas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará