As labores de limpeza realizaranas brigadas especializadas en xestión ambiental que protexerán as especies autóctonas sen danar o ecosistema de ribeira. Os traballos realizaranse nos tramos urbanos do Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras ao seu paso por Redondela, así como nos ríos Fondón e Maceiras na parroquia de Chapela. Tamén se actuará na canle do río Pugariño, limítrofe con Vigo, “malia que a competencia é da Xunta” a quen o Concelo acusa de deixazón nas súas responsabilidades.
A alcaldesa, Digna Rivas, explica estes traballos de limpeza nos ríos son labores de “prevención” que se fan desde o Concello para que os cauces estean nas mellores condicións “antes da chegada das chuvias de outono e inverno”. A rexedora sinala a importancia de facer estas tarefas ao longo deste mes e lamenta que desde Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta non se estean a realizar as labores de mantemento necesarias nos ríos.
Os traballos de limpeza realizaranse este mes nos tramos urbanos do Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras ao seu paso por Redondela, así como nos ríos Fondón e Maceiras na parroquia de Chapela. Este ano tamén se actuará na canle do río Pugariño, limítrofe con Vigo, malia que a competencia é da Xunta. Fóra dos tramos urbanos o río é competencia exclusiva de Augas de Galicia”. Desde a concellería de Medio Ambiente confían en que a Xunta realice tamén as tarefas de mantemento e limpeza nos tramos que lle corresponde “antes de que cheguen as fortes precipitacións do outono”, xa que en zonas do Viso ou Reboreda estas tarefas non se están a realizar. Rivas advirte que desde o Concello “preocupámonos polas necesidades da cidadanía e asumimos competencias que non nos corresponden debido á falta de resposta da Xunta”. Mostra diso é que Redondela traballa xa nun plan integral de prevención de inundacións.
Os traballos realízanse este mes xa que desde marzo ata agosto, ambos incluídos, prescíndese de facer actuacións nos ríos “para preservar este delicado ecosistema e respectar a época de cría de aves e anfibios”. Nas labores de limpeza protéxense as especies autóctonas “sen danar o hábitat e a vexetación de ribeira”. O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, lembra que este ecosistema cumpre un papel “fundamental” para manter vivo o río e a súa fauna.









