Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para inscribirse na excursión a Celanova, Vilanova dos Infantes e Ourense

redondela viaxa

O Concello retoma o programa “Redondela viaxa” pensado para persoas maiores de máis de 55 anos e faino cunha saída a Celanova, Vilanova dos Infantes e Ourense. Haberá tres datas, os días 29 de setembro e 1 e 3 de outubro. O prazo de inscrición está aberto do 15 ao 19 de setembro na Oficina de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños. O único requisito é estar empadroado en Redondela e ter máis de 55 anos.

As persoas participantes visitarán en Celanova a Praza Maior e o mosteiro de San Salvador. En Vilanova dos Infantes accederán á Torre da Homenaxe e farase un paseo polo burgo medieval. Tamén visitarán a Cova de San Vivián onde hai un centro expositivo sobre os zapateiros. Na cidade de Ourense as visitas serán ás Burgas, Praza Maior e Igrexa de Sta Eugenia. O programa, dependente da concellería de Maiores que dirixe Iria Vilaboa, pon especial coidado en elixir os destinos “para gozar de excursións dun día de duración a lugares de interese cultural, histórico e patrimonial”.

As viaxes realízanse en temporada baixa e cun prezo reducido “para facilitar que todas as persoas que o desexen poidan participar”. Todas as saídas contan con guías oficiais de turismo que acompañan aos grupos, e desde o Concello de Redondela agradecen tamén a colaboración dos municipios que visitan “onde nos reciben cos brazos abertos e facilitan as visitas aos lugares de interese desde as súas oficinas de información turística”.

“Redondela viaxa” desprazou este ano a preto de 900 maiores nas saídas a Padrón-Santiago e Barcelos-Viana. A alcaldesa, Digna Rivas, confía que esta terceira excursión a terras ourensás sexa tamén “un éxito de participación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará