Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tarde de atletismo en Redondela para celebrar o XIII aniversario da Asociación deportiva CAR

carrera car nenos

FOTO: Asociación deportiva CAR

O sábado 20 de setembro as rúas de Redondela converteranse nunha gran pista de atletismo coa celebración da V carreira popular infantil ás seis da tarde e a IV contrarreloxo por equipos que arrancará ás 20:00 horas. O prazo de inscrición para ambas as dúas probas, organizadas polo Concello en colaboración coa asociación CAR, está aberto ata o mércores 17.

A asociación deportiva CAR e o Concello organizan o sábado 20 unha nova edición da carreira popular infantil pensada para nenos e nenas nacidos entre o 2010 e o 2023. A rapazada terá que percorrer diferentes distancias dependendo das súas idades. Así, a distancia da carreira será de 50 metros para os máis pequenos até os 2.300 metros para os maiores. A partir das 18.00 horas comezarán as carreiras na rúa Alfonso XII. A meta estará situada na mesma rúa, fronte á Casa do Concello.

Inscrición aquí

Tamén está aberto o prazo de inscrición para a IV Carreira Contrarreloxo por Equipos que se celebrará na mesma xornada do día 20 a partir das oito da tarde. Os equipos deberán estar formadas por entre 4 e 6 compoñentes. No caso dos equipos mixtos, un mínimo de 2 compoñentes terán que pertencer ao xénero contrario. O percorrido terá unha distancia de 5 Km que comezará no centro da vila e rematará diante do Concello, onde estará situada a meta. A inscrición, que se pode realizar a través do seguinte enlace, inclúe os gastos de xestión e o prezo é de 8,50 euros.

Na proba infantil, a máis dunha semana do evento, hai inscritos máis dun cento de rapaces e rapazas mentres que na contrarreloxo hai anotados máis de medio centro de corredores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará