Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello lembra ás empresas que os puntos limpos móbiles son para uso exclusivo dos particulares

punto mobil telefonillos

O edil de Infraestruturas e Sostibilidade Roberto Villar fai un chamamento ao uso “responsable” deste servizo a raíz da aparición de residuos que se corresponden cunha actividade profesional e non de particulares. Pon como exemplo a recollida neste punto móbil de varias ducias de porteiros electrónicos”. Lamenta tamén que moitos dos obxectos depositados estean en perfecto estado polo que poderían ter unha segunda vida en lugar de acabar no colector.

A existencia destes puntos limpos que se desprazan ás parroquias periodicamente buscan facilitar á veciñanza a reciclaxe de diferentes tipos de lixo que non debe ir aos colectores da rúa. Os residuos que se poden depositar neste espazo son pequenos electrodomésticos, móbiles e tabletas, material informático, cargadores, pilas, fluorescentes, pintura, xoguetes ou roupa, entre outros.

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Vilar, fai un chamamento á cidadanía para que faga un uso “responsable” do servizo. O edil lembra que se trata dun colector “para uso de particulares, non de empresas” en referencia á recollida nestes remolques dunha gran cantidade de residuos que é evidente que corresponden a unha actividade profesional, e non de particulares “por exemplo o caso de varias ducias de porteiros electrónicos” . Tamén advirte que moitos obxectos depositados no punto limpo “están en perfecto estado, e algúns son completamente novos” como por exemplo xoguetes, roupa, cedés ou accesorios informáticos aos que lles pode dar unha segunda vida. Villar anima a veciñanza a doar a entidades sociais este obxectos antes de tiralos ao lixo.

Recollida de residuos voluminosos

Para residuos máis voluminosos como mobles, colchóns ou electrodomésticos, xa existe un servizo de recollida “porta a porta” cun sistema moi sinxelo para os usuarios. Tan só é preciso contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 horas, e se lle informará do día e lugar no que pode depositar estes residuos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará