As axendas foron entregadas a alumnos e alumnas da Galiña Azul, o CEIP Manuel Padín Truiteiro e o IES Soutomaior. Unhas axendas que contan con dous deseños, un específico para infantil e primaria e outro, máis xuvenil, para o alumnado do Instituto.
A volta ao cole comezou con normalidade nos centros público do concello de Soutomaior, nos que hai matriculados un total de 807 alumnos: 363 no CEIP Manuel Padín Truiteiro, de 414 no IES de Soutomaior e máis dunha trintena na Galiña Azul.
Co gallo do inicio do curso o concello entregou de xeito gratuíto as axendas escolares para o curso 2025-2026 co reparto de 40 axendas para as e os máis cativos do concello, os matriculados na Galiña Azul de Soutomaior, 400 no CEIP Manuel Padín Truiteiro para o alumnado de primaria e 500 no IES Soutomaior.
Unha axenda que conta con toda a información sobre os períodos vacacionais que o alumnado terá neste curso escolar, das celebracións e festexos locais e das conmemoracións máis destacadas, vencelladas co eido educativo, no que resta de ano e do 2026.









