Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Descartan que os desacordos veciñais estean detrás do corte eléctrico da área recreativa de Negros

parque san esteban

A Asociación de Veciños de Santo Estevo de Negros descarta que os desacordos entre a veciñanza sobre a intensidade da iluminación na área recreativa da zona estea detrás da sabotaxe que deixou sen luz este parque. Rexeitan así a hipótese apuntada polo Concelleiro de Sostibilidade e barallan como causa máis probable o roubo de cobre do tendido eléctrico.

Esta semana a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade denunciaba o corte deliberado da liña eléctrica que subministra enerxía para a iluminación do Parque de Santo Estevo de Negros xunto á N-555. Logo de recibir o aviso de que o alumeado público do parque non funcionaba, os operarios comprobaron que a liña fora cortada cuns alicates ou tenazas.

Villar apuntaba a desacordos veciñais como posible causa da sabotaxe lembrando que desde que se inaugurou o parque houbo desacordos entre a veciñanza en canto á intensidade da iluminación nocturna e que algún veciño tería “tomado a xustiza pola man e, en lugar de trasladar ao Concello as súas queixas, decidiu cortar o cableado”.

Non comparten esta opinión na Asociación de Veciños da parroquia. O seu presidente, Antonio Figueroa asegura que dende que se instalou o sistema que permite rebaixar a iluminación a partir de determinada hora non volveron ter ningún tipo de queixa ao respecto.

Descoñece o motivo de que se sinale a algún veciño como autor da sabotaxe e apuntan como posible causa detrás deste corte eléctrico un intento de roubar o cobre do cableado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará