Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela reivindica a sanidade pública baixo os paraugas

protesta sanidade chapela

A chuvia marcou a concentración que ás 11:00 horas da mañá de hoxe se celebraba ás portas do Centro de Saúde de Chapela. Unha vez máis os manifestantes, convocados pola Plataforma pola sanidade pública de Redondela, reclamaron ao Sergas que se corrixan as carencias no servizo para garantir unha atención sanitaria completa nos centros de Chapela, Pazos, Fornelos e Redondela.

O acto enmarcase dentro dunha serie de accións que incluíron a recollida de sinaturas e a protesta individual a través das follas de reclamacións. O obxectivo é reclamar á Xunta que corrixa a situación nos centros de Saúde nos que actualmente non se substitúen os profesionais de medicina familia, pediatría e enfermeira. Denuncian tamén demoras de ata 30 días nas citas para extraccións de análises de sangue e esperas para consultas que superan nalgúns casos máis de 20 días. Unha das reclamacións concretas é que a consultas para o médico de familia non se demore máis de 48 horas.

Outras das queixas dos usuarios que afecta especialmente ao centro de saúde de Chapela é o programa da citación en primaria chamado SIDE “que ten que solicitar o motivo de consulta, pode comprometer os datos médicos e vulnera a intimidade do paciente, sobre todo en centros de saúde como o de Chapela, onde hai unha fiestra dobre onde atenden dúas profesionais sen ningunha separación física e, polo tanto, é imposible garantir o dereito á intimidade, incluso coas outras persoas que agardan quenda a unha distancia inferior a un metro”.

Os convocantes alertan tamén de que o paulatino deterioro na sanidade pública busca que os pacientes acaben derivando cara a sanidade privada comprometendo o futuro dun servizo público esencial que “compre defender”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará