Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en Chapela en defensa da sanidade pública

centro saúde chapela

Nova concentración para reivindicar ao Sergas medidas que garantan unha atención sanitaria pública e de calidade. Logo da concentración da semana pasada no centro da vila, este xoves 11 a protestas desprázase a Chapela onde os veciños e veciñas están chamados a concentrarse ás 11:00 da mañá diante do centro de saúde da parroquia.

O acto enmarcase dentro dunha serie de accións aprobadas pola Asemblea pola sanidade pública de Redondela que incluíron a recollida de sinaturas e a protesta individual a través das follas de reclamacións. O obxectivo é reclamar á Xunta que corrixa a situación nos centros de Saúde de Chapela, Pazos, Fornelos e Redondela nos que actualmente non se substitúen os profesionais de medicina familia, pediatría e enfermeira. Denuncian tamén demoras de ata 30 días nas citas para extraccións de análises de sangue e esperar para consultas que superan nalgúns casos máis de 20 días.

Outras das queixas dos usuarios que afecta especialmente ao centro de saúde de Chapela é o programa da citación en primaria chamado SIDE “que ten que solicitar o motivo de consulta, pode comprometer os datos médicos e vulnera a intimidade do paciente, sobre todo en centros de saúde como o de Chapela, onde hai unha fiestra dobre onde atenden dúas profesionais sen ningunha separación física e, polo tanto, é imposible garantir o dereito á intimidade, incluso coas outras persoas que agardan quenda a unha distancia inferior a un metro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará