Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para participar nos clubs de lectura das bibliotecas municipais

club lectura

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición tanto na biblioteca Valle Inclán de Redondela como na Biblioteca Xela Arias de Chapela. As reunións tanto en Redondela como en Chapela son mensuais, e lese un libro diferente de cada vez, procurando que as propostas lectoras sexan variadas e diversas, adaptándose a diferentes gustos e estilos.

Os clubs de lectura son xuntanzas periódicas onde un grupo de persoas comentan diferentes libros, previa lectura individual dos mesmos. A conversa difire dunha sesión a outra, pois xira arredor de aspectos moi variados: o estilo literario, a temática da obra, o pensamento do autor ou autora, ademais das impresións persoais ou das emocións que o texto evoca nos lectores.

As persoas participantes teñen que ter cumpridos os 18 anos, ter o carné de socias da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e inscribirse previamente nun dos clubs. En calquera caso, o carné das bibliotecas pode facerse no mesmo momento da inscrición.

Participar é de balde e as bibliotecas proporcionan os libros para cada sesión. O número de persoas participantes é limitado.

As xuntanzas comezarán neste mes de outubro. En Redondela será o venres 10 de outubro, ás 20:00 horas e comentarase o libro «El libro de las hermanas» de Amélie Nothomb. En Chapela será o luns 13 de outubro tamén ás 20:00 horas co libro «Hierro viejo», de Marto Pariente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará