A Fundación Formavigo retoma as súas actividades para persoas maiores en Redondela a partir de hoxe, luns 8 de setembro, prolongándose ata o 11 de decembro. Estas iniciativas, enfocadas na promoción dunha vida activa, inclúen obradoiros de estimulación cognitiva (Redondela Vital) e de Taichí (Redondela en Forma), que se desenvolverán en diversas parroquias e no centro do concello.
As persoas xa inscritas antes do verán conservan as súas prazas, pero aínda hai vacantes dispoñibles nas seguintes localidades:
– Obradoiros de estimulación cognitiva (Redondela Vital): Reboreda, Saxamonde, Quintela e Santo Estevo.
– Obradoiros de Taichí (Redondela en Forma): Saxamonde, Santo Estevo, Cedeira e Vilar de Infesta.
Para outras localidades, as persoas interesadas deberán consultar a dispoñibilidade de prazas. As actividades, un total de 32, impartiranse nos seguintes lugares e horarios:
Obradoiro de estimulación cognitiva Redondela Vital
– Luns 8: 16:30h (C. Cultural de Cedeira), 18:00h (AAVV Santo Estevo de Negros).
– Martes 9: 10:00h (C. Cultural de Cesantes), 11:15h (A.V.D.C A Miñoteira, Ventosela), 17:00h (Aula Cémit, Chapela), 18:15h (A.D.C Rande), 19:30h (C.C Vilar de Infesta).
– Mércores 10: 16:30h (C.C.C. e da Terceira Idade de Cabeiro), 18:00h (C. Cultural de Saramagoso, O Viso), 19:15h (Casa do Pobo de Soutoxuste, O Viso).
– Xoves 11: 16:30h (C. Cultural de Vilar de Infesta), 18:00h (C.C.D de Cidadelle, Chapela), 19:30h (S.L.C. de Reboreda).
– Venres 12: 10:00h (Asoc. Mulleres Rurais ARELA, Saxamonde), 11:15h (C. Cultural de Quintela).
Obradoiro de Taichí Redondela en Forma
– Luns 8: 09:00h (Pavillón Manuel Glez. Soto, Chapela), 10:30h (C.C de Quintela), 17:30h (C.R.C de Chapela), 19:00h (S.L.C de Reboreda).
– Martes 9: 09:00h e 10:00h (Pavillón da Marisma, Redondela), 17:45h (A.V.D.C A Miñoteira, Ventosela), 19:00h (C.C de Saramagoso, O Viso).
– Mércores 10: 09:00h (Pavillón Manuel Glez. Soto, Chapela), 10:45h (Asoc. Mulleres Rurais ARELA, Saxamonde), 18:00h (C.C de Cabeiro), 19:15h (AAVV Santo Estevo de Negros).
– Xoves 11: 09:00h e 10:00h (Pavillón da Marisma, Redondela), 19:00h (C.C de Cedeira), 20:15h (C.R.C de Cesantes).
– Venres 12: 11:00h (C.C de Vilar de Infesta).
Ademais, está previsto un obradoiro de cociña interxeracional e unha charla sobre a importancia da boa alimentación a partir dos 55 anos, cuxos detalles se comunicarán máis adiante.
Estas actividades contan co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela. Para máis información ou inscricións, contactar en formacion@fundacionformavigo.com, no teléfono 600 06 01 46 ou a través da web https://fundacionformavigo.com.










