Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cento de persoas participaron nunha concentración contra o xenocidio en Gaza

WhatsApp Image 2025-09-03 at 14.19.52

A Praza do Concello de Redondela acolleu unha concentración convocada polo Movemento Global a Gaza – Galiza baixo o lema “Contra o xenocidio e en apoio á Flotilla Sumud Global”, na que participaron máis dun cento de persoas. Esta acción, encadrada nunha xornada de mobilizacións por toda Galiza, mostrou a solidariedade co pobo palestino e apoiou a Flotilla Sumud Global, que partiu o 31 de agosto para romper o bloqueo imposto por Israel a Gaza.

A concentración en Redondela sumouse ás xa realizadas en cidades como Compostela, Vigo, Ferrol, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Fisterra, Illa de Arousa, Sanxenxo, A Guarda e Ribadeo. O movemento denunciou o que describe como “un xenocidio en directo”, con miles de vidas afectadas, familias destruídas, hospitais e escolas bombardeadas, e persoal sanitario e xornalistas asasinados. Ademais, criticaron a complicidade de gobernos europeos e institucións internacionais que manteñen relacións comerciais e militares con Israel.

Desde Redondela, fíxose un chamamento á cidadanía e a colectivos sociais, sindicais, culturais, feministas, estudantís, ecoloxistas e veciñais para unirse á protesta e estar atentas ante posibles sabotaxes á flotilla. “Palestina resiste con dignidade, e a súa loita é tamén a nosa”, subliñaron desde a organización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará