Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela continúa impulsando o turismo sostible con 11 actividades ambientais e culturais para setembro

Actividades Ambientais Setembro

Rita Pérez e ROberto Villar na persentación do programa de setembro

O Concello de Redondela presenta un ambicioso programa de turismo ambiental e cultural para o mes de setembro, dirixido a persoas de todas as idades. Tras o éxito das actividades de verán, as concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente ofrecen 11 propostas variadas, que inclúen rutas a pé, en bicicleta e en kaiak, sempre acompañadas por guías profesionais. A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, salientou a aposta por un “turismo sostible que promove o descubrimento do rico patrimonio natural e cultural de Redondela”. Pola súa banda, o concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, destacou que estas iniciativas buscan “valorizar os recursos naturais do municipio e fomentar a conciencia ambiental entre a veciñanza e os visitantes”. A programación terá continuidade en outubro.

A actividade programada para o martes 2 de setembro, unha visita guiada ao cemiterio dos Eidos, xa tivo lugar. As demais actividades seguen dispoñibles, e para participar é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo, chamando ao 986 40 17 13 ou enviando un correo a turismo@redondela.gal.

Calendario de actividades para setembro 

Sábado 6: Explora a natureza en Reboreda (nenos de 8 a 12 anos). 16.00 h, gratuíto. 

Martes 9: Visita “Redondela oculta, entre a lenda e a superstición”. 21.00 h, gratuíto. 

Domingo 14: Ruta polo bosque de ribeira do río Pexegueiro, en colaboración co Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. 10.00 h, gratuíto. 

Martes 16: Visita guiada ao cemiterio dos Eidos. 21.00 h, gratuíto. 

Xoves 18: Ruta en bicicleta e observación de aves na Portela. 19.00 h. 5 €/persoa (bicicleta propia) ou 8 €/persoa (bicicleta do Concello). 

Sábado 20: Ruta nocturna polo río Maceiras (actividade ambiental). 22.00 h, gratuíto. 

Domingo 21: Ruta por bosques e fervenzas do río Fondón, Chapela. 10.00 h, gratuíto. 

Martes 23: Visita “Redondela oculta, entre a lenda e a superstición”. 21.00 h, gratuíto. 

Sábado 27: Visita á zona intermareal de Cesantes. 10.00 h, gratuíto. 

Domingo 28: Ruta en kaiak pola enseada de San Simón. 11.00 h, 20 €/persoa. 

Martes 30: Visita guiada ao cemiterio dos Eidos. 21.00 h, gratuíto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará